As palabras máis usadas no Bloque
Cun pequeno programa de contaxe de palabras e uns poucos documentos de texto tirados da internet pódense calcular cales son as palabras menos comúns máis frecuentemente utilizadas por varios líderes do nacionalismo.
Nomes
Anxo Quintana: Galiza (7º), país (20º), BNG (23º), goberno (26º), estado (33º), compromiso (35º), xente (45º), estatuto (46º), respecto (59º), nacionalismo (60º), futuro (62º), cambio (72º), oportunidades (73º), sociedade (78º), tempo (81º), Madrid (82º), traballo (83º), igualdade (84º), benestar (94º), cidadáns (95º), verdade (97º)…
Francisco Rodríguez: Estado (9º), Galiza (18º), España (24º), poder (36º), Cataluña (13º), pobo (43º), Constitución (44º), goberno (53º), nación (54º), solidariedade (55º), sistema (58º), debate (60º), Madrid (68º), pobos (69º), autogoberno (74º), igualdade (75º), financiamento (76º), nacións (78º), BNG (79º), señorías (81º), direito (82º)…
Xosé Manuel Beiras: Estado (23º), Galiza (25º), goberno (28º), poder (31º), cidadáns (32º), política (36º), Xunta (38º), anos (47º), presidente (53º), cidadanía (57º), BNG (59º), parlamento (63º), institucións (70º), constitución (72º), Prestige (78º), ano (95º), país (97º), catástrofe (101º), autonomía (102º), nación (106º), UE (107º), costa (111º)…
Adxectivos (excl. galego e derivados)
Anxo Quintana: sa (89º), nova (130º), sas (142º), histórica (154º), firme (158º), aberto (162º), actual (181º), posíbel (207º), estatais (212º), novas (215º), libre (255º), estatal (263º), democrática (271º), laboral (275º), pública (283º)…
Francisco Rodríguez: español (27º), tributaria (71º), actual (83º), española (84º), plurinacional (101º), nacional (108º), novo (122º), catalán (124º), iguais (144º), diferente (145º), certo (152º), centralista (156º), castelán (158º)…
Xosé Manuel Beiras: español (51º), social (71º), político (73º), central(90º), institucional (99º), constitucional (109º), negra (148º), propria (153º), actual (154º), proprio (179º), sociais (181º), española (218º), popular (225º)…
Vexo algunhas diferenzas independentemente dos diferentes roles políticos e momentos ou circunstancias en que foron redactados os documentos. Mais prefiro que cada que tire as súas propias conclusións e experimente con ferramentas semellantes e documentos doutra natureza.
- http://www.blogoteca.com/boedense Boedense
- calidonia
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta




