LaVozdeGalicia.es versus Vieiros.com
Exercicio estatístico, botando man de Google Trends.
Durante o bienio 2005-2006 a versión electrónica do xornal La Voz de Galicia viu aumentar o número de referencias en Google, mentres Vieiros as mantivo máis ou menos estábeis.
Desde que o Google Trends recolle datos continuos para Vieiros pódese apreciar que as diferenzas entre un e outro aumentaron durante este período. Se ao comezo do mesmo Vieiros tiña a metade das referencias de La Voz, os últimos datos sitúan o chan de Vieiros en aproximadamente a cuarta parte (25%) do que ten La Voz.
Tamén se pode inferir o comportamento diferencial que tiveron ambos os dous medios nos dous principais ‘picos’ informativos: nas eleccións ao Parlamento de Galiza de xuño de 2005 e na vaga de incendios de agosto deste mesmo ano 2006. No primeiro evento Vieiros duplicou as súas referencias entanto La Voz só as incrementaba nun 50%. No segundo acontecemento ambos as duplicaron.
Pregúntome polas razóns deste comportamento. O cambio de goberno autonómico é o primeiro que se vén á cabeza, pero reparo tamén no retroceso do galego nas novas xeracións, no perfil máis politizado que ten Vieiros, na lentitude na adopción de novos servizos (RSS (coa de impactos que iso dá, sen contar os servizos de clipping tipo Google News), a renuncia ao multimedia (coa notábel excepción do Apologhit), unha recente ampliación de seccións pouco integrada no portal (GZ deportiva, Máis alá), por non mencionar os sucesivos cambios na dirección do medio.
Agardamos que viren as tornas nos próximos tempos. Polo ben de tod@s. Entrementes, desexamos que Chuza! poida ser medido, como en Alexa.
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta





Pingback: Intifada ghaiteira » Xoguemos co Google Trends