1000 e 1 blogs en galego (V): Territorio e lingua
Dos máis de 1.200 blogs censados a día de hoxe aproximadamente uns 500 dos que están feitos desde Galiza poden ser localizados ao longo e largo do territorio. Se realizamos o exercicio de atribuílos a un concello determinado obtemos unha xeografía do blogomillo, dos blogs escritos total ou parcialmente en galego. Lantania principiou esta interesante análise partindo dunha mostraxe de 230 blogs.
É certo que existe un problema relativo á mobilidade d@s blogueir@s, que moitas veces son dun concello pero que na actualidade estudan, traballan e viven noutro municipio diferente. Tamén están aquelas persoas que escriben desde localizacións diversas ou que se referencian a dous ou máis lugares. Porén, cabe supór que na maior parte dos casos o que existe é unha deslocalización desde os pequenos concellos aos máis populosos, ou de comarcas rurais cara ás máis urbanas.
Cal é entón o concello con máis blogueir@s? Cal é o que ten máis blogs por habitante? E o que ten máis blogs total ou parcialmente en galego en relación á poboación que usa habitualmente o noso idioma? Estas son as respostas que damos a estas preguntas con base na explotación estatística do censo.
Número de blogs por concellos
Non semella unha sorpresa averiguar que é Santiago de Compostela o concello con máis blogs en/con galego. Pode non parecer normal, se temos en conta que Vigo e Coruña duplican ou triplican a súa poboación residente, pero faise evidente se consideramos a enorme poboación flotante que abriga, o elevado número de moz@s estudantes e a intensidade de uso de novas tecnoloxías tanto na Universidade, nomedamente na Faculdade de Ciencias da Comunicación, canto na Administración autonómica. E o que é máis importante, a porcentaxe de moz@s galegofalantes en Compostela é das máis altas do País. Mención especial merecen a presenza neste top ten dos concellos de Vila de Cruces e de Ogrobe, ou ausencias como as de Ferrol ou Redondela.
Quizá o fenómeno máis rechamante sexa a aparición significativa de blogs en concellos non demasiado populosos, como xa se apuntara na postaxe e nos comentarios de Lantania. Así acontece en zonas máis ou menos extensas, que atinxen varios concellos limítrofes, como no occidente da Terra Cha, as Ribeiras do Ulla e o Baixo Miño. Tamén con menor intensidade en Bergantiños, no eixo A Estrada-Lalín e no Suroeste da provincia de Lugo.
Número de blogs por cada 1000 habitantes
Se relativizamos os resultados tendo en conta a poboaión municipal a 1 de xaneiro de 2005, obtemos outro dato diferente: a densidade de blogs. Dado o aínda reducido número medio de blogs temos que contalos non por cada habitante senón por cada milleiro deles.
Á vista deste segundo mapa refórzase a idea que vimos de comentar. Os concellos que máis blogs en/con galego teñen en relación á súa poboación resultan ser na maioría dos casos concellos pequenos do rural: San Xoán do Río lévase a palma, pero destacan tamén O Páramo, Vila de Cruces, Laza, Monfero ou Vedra. Hainos por toda a parte, pero a maioría concéntranse nas provincias orientais. Isto non deixa de ser destacábel, se temos en conta a menor proporción de xente nova nestas áreas.
Menos sorpresiva é a presenza de concellos como Allariz e Ogrobe, se temos en conta o seu tamaño ou o seu dinamismo socioeconómico e demográfico. Nesta perspectiva Compostela é o único concello dos de maior tamaño que logra situarse nesta variábel entre os dez primeiros da clasificación.
Semella que para explicar estes resultados hai que recorrer a dous fenómenos: a mobilidade territorial das persoas que manteñen blogs -seguirían a facer referencia ao seu concello de orixe mesmo escribindo desde outro- e a porcentaxe da poboación municipal que ten como lingua habitual o galego -maior no rural e no interior e menor nas cidades e no litoral-.
En calquera caso, semella que o blog se afianza como un recurso de expresión e comunicación naquelas zonas do País a priori máis desfavorecidas. A rede parece converterse nunha porta ou nunha xanela a outras persoas e realidades. A pesar de estarmos falando do mal chamado mundo virtual, temos que recalcar a función socioterritorial que poden desenvolver as novas tecnoloxías, das que os blogs son un bo exemplo.
Número de blogs por cada 1000 persoas que usan sempre o galego
Os resultados anteriores obrígannos a profundar algo máis na análise. Para ilo botamos man dos datos de coñecemento e uso do galego publicados con ocasión do Censo de Poboación de 2001. A idea é comparar o número de blogs escritos en/con galego co número de persoas que di usar sempre o galego na fala. Poderíamos ter usado o número de habitantes que fala o galego sempre ou ás veces, pero esa cifra é moi coincidente coa de habitantes totais. Ademais, parece máis próximo á realidade sociolingüística do País supor que @s blogueir@s que chegan a empregar o galego na escrita sexan falantes habituais ou monolingües. É coñecida a resistencia de moitas persoas galegofalantes habituais que redactan, toman apuntamentos, cumprimentan formularios, ou realizan os exames de oposición en castelán.
Feito este cruzamento obtemos unha nova clasificación de concellos que nos dez postos de honra non presenta demasiadas diverxencias coa anterior, non sendo pola saída da lista dos concellos de Carnota, Monfero e Vedra para dar entrada aos de Pontedeume, Cariño e A Coruña, en principio concellos con menor proporción de galegofalantes que ascenden ao considerarmos só ás persoas que se expresan na nosa lingua.
Destacamos aquí a ascensión da Coruña, que ficaba moi atrás na clasificación por número de habitantes. Isto vén a significar que os blogs se converteron nun vehículo de liberdade para a comunidade galegofalante da segunda das cidades galegas, dominada até agora por unha falsa imaxe de urbe castelanizada ao servizo da España máis rancia, imaxe na que teñen moito que ver os seus gobernantes e o pequenoimperio mediático que nela se asenta.
Por último non queremos deixar de mencionar a importantísima labor de alfabetización dixital e divulgación dos blogs que están a facer determinadas persoas con nome e apelidos. O seu impagábel traballo déixase notar en lugares como Vila de Cruces ou Cambre.
Galicia/Galiza
Para rematar, uns datos, interesantes para algunha xente, simple curiosidade para outras persoas e rolo seguramente para a maioría -pero non para quen escribe ;-).
Entre os blogs en/con galego que fan referencia ao nome desta terra, sabedes cal é a proporción de Galizas e de Galicias?
Se efectuamos en Technorati a procura das dúas formas, pero restrinxindo a busca a aqueles blogs escritos en/con galego mediante o filtro oportuno, os resultados son os seguintes:
E de entre os milleiros de anotacións ou postaxes que hai no blogomillo, sabedes cal é a proporción de galego normativo ou de mínimos -nas versións última ou penúltima das Normas ou na versión d’A Mesa- e cantos en galego reintegrado?
Velaí dous datos que non pretenden abrir debates, senón cerralos ou acoutalos.
- Nando
- Calidonia
- Calidonia
- Calidonia
- http://www.blogger.com/profile/5949806 artritris
- http://estrelanegra.bitacoras.com IaRRoVaWo
- http://www.blogger.com/profile/16697094 Ghanito
- Calidonia
- Calidonia
- Nando
- Calidonia
- Calidonia
- Calidonia
- http://www.blogger.com/profile/16697094 Ghanito
- http://orecuncho.com/?p=598 Arduina
- http://modestoweb.org/ Modesto
- http://www.blogger.com/profile/11999391 *Sara
- Calidonia
- http://www.blogger.com/profile/10115176 mourullo
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta












