1000 e 1 blogs en galego (IV): A evolución do blogomillo
Xa estamos de volta e volvemos ás andadas. Quedan un par de cousas por comentar acerca da blogosfera galega e hoxe imos pola primeira. Ben, en realdiade, por un conxunto delas, cuxo denominador común é o da evolución temporal: como evoluíron e se transformaron as principais características definidoras dos blogs en galego desde aproximadamente o ano 2001 até 2005.
Comezamos polo xénero, que é a variábel que centraba a análise da última entrega desta serie de artigos. Pois ben, a presenza de autoras entre os blogs individuais de autoría non anónima foi crecendo continuamente, baixando portanto a dos autores, segundo esta progresión:
Como pode verse, os primeiros «bloggers» que publicaron a súa condición de xénero foron homes, mais a súa presenza nos blogues creados cada ano foi diminuíndo até o 63% que se rexistra en 2005, coincidindo cun incremento progresivo da presenza de mulleres.
Cando tentamos transladar esta análise á idade, encontrámonos moitos menos casos anónimos, e aquí resulta imposíbel supoñer, deducir ou averiguar o valor desta variábel mediante a lectura dos blogs. Por exemplo, para os blogs creados nos anos 2001, 2002 e 2003 non temos rexistrado o valor da idade para ningún blog.
Para 2004 a media de idade d@s blogueir@s situábase nos 23,4 anos, e en 2005 reducíuse até 22,1. Pensamos que esta reducción na media de idade é unha constante. Tamén confiamos na hipótese de que co paso do tempo máis xente se importa menos co anonimato e publica con menos reparos os seus datos persoais, entre eles a idade.
Non pode ser allea a estas evolucións o feito de que teña mudado substancialmente na rede a dispoñibilidade de ferramentas de creación e mantemento de blogs. Ao longo destes anos verificamos unha alteración nas cotas de mercado dos distintos servizos e métodos de publicación (trátase de porcentaxes sobre o total de blogs en/con galego creados cada ano):
Apréciase con claridade o dominio do Blogger como sistema/portal preferido polo blogomillo, sendo maioritario desde 2003. A segunda opción é a dos MSN Spaces, que malia a irromper tardiamente logra a finais de 2005 ser a segunda opción máis recorrida, coincidindo co «boom» na creación de blogs durante este ano, do que é en grande medida responsábel. Datos provisionais para os blogues creados en 2006 indican, ademais, que tería recortado diferenzas co servizo mercado por Google, pasando dunha relación a favor do Blogger de 3:1 a outra de 3:2.
Coa popularización dos blogs foron perdendo peso -que non número- aquelas bitácoras publicadas en servidores propios, especialmente con WordPress, aínda que non só. No gráfico inclúense baixo o epígrafe «outros».
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta







Pingback: O blogomillo periférico at Calidonia