Pois o tema está así (bendita perspectiva):

enton_como_esta_o_tema_1

Nas últimas semanas saíron varias enquisas, a da USC e a de La Voz de Galicia. Ambas coinciden en que o PSdeG-PSOE sería a primeira forza en Galiza, seguida polo PPdeG (en construción) e co BNG en terza posición.

Á marxe desa mensaxe sobre a xerarquía demoscópica dos partidos galegos, que os medios xa se encargaron de publicitar ben, o que máis chama a atención dos datos é que non se traslade a Galiza e ás eleccións autonómicas a pugna -aparente, mediática, real?- que están a manter no Estado PSOE e PP. E isto sería unha novidade, xa que a política galega -e falo xa de resultados electorais e non só de enquisas- sempre estivo -e últimamente máis- moi determinada pola política estatal.

Entrementres, nun ambiente de empate técnico no Estado, comezamos a asistir a unha guerra de enquisas na que os partidos políticos perden o pouco rubor que lles restaba e se lanzan á area mediática con datos que ninguén respalda -nin do punto de vista técnico nin do ético tampouco. Pero, a verdade, non sei de que me sorprendo.

 

2 Responses to Entón, como está o tema?

  1. Ancos di:

    Desculpa a ignorancia. Respalda alguén as da Vicepresidencia?

  2. Calidonia di:

    He,he. Cando menos unha persoa.

    As enquisas de Vicepresidencia non eran sondaxes electorais, de intención de voto, como as que aparecen no grafico deste artigo.

    Pero é certo que os datos que daban son incríbeis, en comparanza cos datos que dan outras enquisas e cos datos de nivel e de tendencia de series históricas como as do CIS.

    Porén, todo depende do que e do como se pregunte. Acho que as porcentaxes de resposta a cuestións concretas como as que teñan a ver, por exemplo, co Estatuto, a autonomía (con minúsculas), a Constitución, referendos… poden presentar diferenzas moi grandes nas respotas sen que iso signifique manipulación.

    E non digo que se deba a erros estatísticos admisíbeis. Trátase, na miña opinión, de temas e terreos conceptuais absolutamente difusos para o común dos galegos, nos que enunciados distintos producen resultados aparentemente -ou non- contraditorios.

    En cuestións sociopolíticas segue funcionando o simple, e canto máis sinxela a pregutna máis fiábel, ou iso me parece.

    E concretando, eu non acredito nas enquisas de Vicepresidencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*