1000 e 1 blogs en galego (II): Actividade
A actividade dos blogs en galego
A primeira clasificación que cabe realizarmos sobre o mundo dos blogs é a que distingue entre blogs activos e inactivos.
Observar e rexistrar o momento en que se produce a última actualización dun blog é unha tarefa dificultosa cando se intenta facer sen ter previamente elaborado un censo. Cando xa se ten, en cambio, pódense incluír os blogs nun agregador ou lector de contidos sindicados que si rexistran de forma automática esta variábel, e a tarefa tórnase máis fácil.
Para este traballo efectuamos unha análise en dous tempos, dependendo do método utilizado:
- A primeira realizouse de forma gradual, progresiva e repetitiva conforme se ía construíndo o censo de blogs, sendo un dos datos rexistrados canda a denominación, enderezo e data de creación do blog, a data da última postaxe. A elaboración do censo foi un traballo que se dilatou ao longo do último cuadrimestre de 2005 e perfilado e mellorado durante o primeiro cuadrimestre de 2006, o que non permite tomar unha data –un día- como referencia, senón un período. No noso caso actualizouse a data da última postaxe ao longo dos meses de decembro e xaneiro, de tal forma que se puidera falar do cambio de ano como data central dese período.
- A segunda realizarase incluíndo a información dos blogs no agregador Bloglines. Daí é posíbel exportar as listas de blogs en formato OPML, e logo importar os enderezos URL dos arquivos RSS de cada un dos blogs en activo. Esta análise demorará aínda un tempo, co obxectivo de paliar o efecto de atraso na identificación de blogs, e comezarase cando se dea por pechado o censo de 2005.
Algúns estudos realizados no ámbito de portais blogueiros estatais falan de que aproximadamente o 50% dos blogs son inactivos. Para realizar afirmacións como esta cómpre primeiro definir un limiar temporal de inactividade.
A nosa experiencia ao longo do último ano na observación directa de blogs permítenos afirmar que cando un blog leva máis dun mes sen actualizar é bastante probábel que fique abandonado definitivamente. Se o lapso de inactividade atinxe os 3 meses entón podemos aseguralo case con total certeza. Aínda que, en verdade, hai retornos á actividade que escapan a esta norma.
Se admitimos esta delimitación, a nosa información mostra que 2 de cada 3 blogs creados permanecen en activo, é dicir foron actualizados no último trimestre. Só algo máis de 1 de cada 4 blogs leva máis de 3 meses sen actualizar.
Por último, unha pequena fracción do 5% xa teñen desaparecido por completo, de xeito que non é posíbel localizalos na rede. Un 1% permanecen baleiros, sen incluír ningún contido desde que foron creados.
Os datos desta tipoloxización poden comprobarse no seguinte gráfico:
Nunha primeira aproximación, pois, semella que a comunidade blogueira en galego é moi fiel a si mesma e/ou ao seu público de lectores, mantendo en activo unha porcentaxe de blogs igual ou maior que as que indican outros estudos.
3 respostas a 1000 e 1 blogs en galego (II): Actividade
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea aquí.
Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Twitter
- RT @XabierIglesias: A ver se espabilamos e collemos porta, que Vázquez se impacienta
- RT @NicoMaMi: Teresa Táboas deixa o Parlamento, fixádevos que penso que cada vez menos cousas me unen ao BNG, a xente na que confío está ...
- RT @joseprecedo: se pone la costa a disposición de los emprendedores. La xunta autoriza piscifactorías en red Natura
- RT @GLlamazares: Condenan al juez Garzón a once años de inhabilitación. Un linchamiento y un escándalo que ni respeto ni acato.
- RT @manuelrico: La ultraderecha infiltrada en el PSOE ataca de nuevo: http://t.co/8rT2l17P
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito localización lugo música mapa multimedia municipais municipal nacionalismo ourense partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta






Ola! Eu por fin volvín á actividade blogueira xD…
Noraboa polo traballo, estiven lendo tamén a 1ª parte. ¿Que é o que te moveu a levalo a cabo?
Unha aperta!
estou impresionada. polos datos e polo teu traballo. si señor, parabéns!!! con xente coma ti dá gusto!
Un estudo ben rigoroso. Saúdos–>