Falar socioloxicamente de nación non deixa de ter algo de muiñada, porque -teorías politolóxicas á marxe- é que afirmacións como que Galiza é ou non é nación non poden medirse máis que dunha forma subxectiva, relativa e aproximada.
Cun pequeno programa de contaxe de palabras e uns poucos documentos de texto tirados da internet pódense calcular cales son as palabras menos comúns máis frecuentemente utilizadas por varios líderes do nacionalismo.
Nomes
Anxo Quintana: Galiza (7º), país (20º), BNG (23º), goberno (26º), estado (33º), compromiso (35º), xente (45º), estatuto (46º), respecto (59º), nacionalismo [...]
Nun País no que a maioría dos galegofalantes aínda chama ‘encuesta’ (en castelán) ás enquisas, sondaxes ou inquéritos (do mesmo xeito que di ‘abuelo’, ‘escuela’ ou ‘jueves’ ) sen poñerse de acordo na denominación do instrumento, tentar deitar algo de luz sobre a cuestión semella un emprendemento un tanto ousado pola [...]
Exercicio estatístico, botando man de Google Trends.
Durante o bienio 2005-2006 a versión electrónica do xornal La Voz de Galicia viu aumentar o número de referencias en Google, mentres Vieiros as mantivo máis ou menos estábeis.
Desde que o Google Trends recolle datos continuos para [...]
1. CiU vai gañar as eleccións sen maioría absoluta, xa o sabemos. A diferenza sobre o PSC vai ser maior do que algúns medios e institutos deron a entender coas súas enquisas (falo de Opina-PRISA). Existe a coincidencia acerca dunha mala campaña de CiU e Mas, e aínda así non parece [...]
Parafraseo o título da última novela de Suso de Toro aproveitando que dou coa noticia da celebración estes días do II Congreso Internacional de Onomástica Galega.
Nesta entrevista a unha das relatoras afírmase que só 200 apelidos abondan para nomear o 60% das galegas e galegos. Alén diso, advírtesenos do perigo [...]
O Big Brother da SGAE vén de publicar o Anuario 2006, correspondente aos datos do exercicio 2005 e que podedes descargar en PDF por anacos aquí.
Non me castigar moito por ligalos. Hai moita información interesante nesa publicación. Aínda que só sexa para coñecer mellor ao enemigo.
A imaxe que coloco aquí [...]
Coincidindo coa conmemoración do 17 de Maio -cústame falar de celebración- quería aproveitar para subirme ao carro dos cépticos e escribir algo non demasiado optimista sobre a presenza da nosa lingua na rede.
Desde que isto dos blogs comezou a saltar con frecuencia ás páxinas dos xornais tense montado moito balbordo acerca da definición da [...]
Véndese
Interesad@ na mellor enciclopedia galega e en galego para ti ou para un agasallo? Conséguea de segunda man e case nova por menos do 15% do seu prezo de mercado aquí.
ESTÁS EN
Home > 2006Traducir·Traduzir·Translate
Servizo fornecido por OpenTradFacebook
Indicadores IGE
Etiquetas
#15m #22m 2011 abstención alcaldía autonómicas bipartito bng canción cis concello coruña demografía dixital economía eleccións enquisa estatística estimación facenda galego galicia galiza house effects inquérito lingua localización mapa multimedia municipais municipal música nacionalismo partido poboación política postelectoral psoe reprodutor resultado sondaxe songbird tradución voto xunta

